“Heroes para a ciencia” na biblioteca de Beariz





O martes día 11 viñeron visitarnos á biblioteca Ana e Carla co seu taller de ciencias “Heroes para a ciencia”. Fixeron varios experimentos e despois en dous equipos foron os propios rapaces os que se puxeron a facelos.
Foi unha actividade moi divertida e interesante. Todos os nenos aprenderon moitas cousas.
Moitas grazas pola vosa visita, volveremos vernos para seguir aprendendo.




