Maxia de aquí e de acolá
O mago David Méndez pasou pola nosa biblioteca o venres día 4 de agosto. O seu espectáculo gustou moito, facendo as delicias tanto dos nenos como dos maiores.
O mago David Méndez pasou pola nosa biblioteca o venres día 4 de agosto. O seu espectáculo gustou moito, facendo as delicias tanto dos nenos como dos maiores.
O martes día 11 viñeron visitarnos á biblioteca Ana e Carla co seu taller de ciencias “Heroes para a ciencia”. Fixeron varios experimentos e despois en dous equipos foron os propios rapaces os que se puxeron a facelos.
Foi unha actividade moi divertida e interesante. Todos os nenos aprenderon moitas cousas.
Moitas grazas pola vosa visita, volveremos vernos para seguir aprendendo.
O xoves 13 de agosto veu visitarnos á nosa biblioteca Gonçalo Guerreiro da compañía de teatro Elefante elegante para contarnos a historia do lobo bobo. Gustounos moito.
O pasado 6 de agosto veu á Biblioteca Municipal de Beariz o mago Pedro Bugarín co seu espectáculo “Maxia para todos”. Disfrutamos moito cos seu trucos. Esperamos que volva pronto
Séguenos