Día do Libro Infantil e Xuvenil en San Sadurniño
As nenas e nenos máis pequenos do CPI celebraron na Casa da Cultura o Día do Libro infantil e xuvenil participando no espectáculo “A Orixe”, de Raquel Queizás. Unha proposta para descubrir o mundo en que vivimos a través das lendas e contos doutros lugares, pero tamén para fomentar o amor polos libros e a lectura que, ao cabo, é unha maneira de formar persoas adultas libres, solidarias e respectuosas coas demais.





