Un “Menú máxico de contos” en Ribeira con Cris de Caldas
Moi ben o pasamos este sábado, 6 de abril, no Centro Cultural Lustres Rivas.
Visitamos a exposición de Juan Codesido, e fomos seleccionando as nosas obras favoritas. Moito nos gustan as cores que enchen a sala!
Xa ás 12.00 h pasamos ao salón de actos para escoitar a Cris De Caldas co seu “Menú máxico de contos”. Contounos historias de fabas máxicas, dunha sopa moi rica, da maxia que está en nós… Tamén cantamos e bailamos. Fixemos de todo!

Os contos eran preciosos e ademais ao saír puidemos collelos prestados na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira como nos dixera Cris.
Moitas grazas a Cris de Caldas por facer que tivésemos unha estupenda mañá de sábado.




