A Biblioteca de Cee celebra o Día do Libro
Hoxe, 23 de abril, é o Día do libro, e o Concello de Cee, convidou ao alumnado de infantil das Unitarias de Brens e A Pereiriña, e dos colexios Vila de Cee e Manuela Rial, a ver a obra de teatro “Rosa Caramelo e outras historias” de Talía Teatro, dentro do Programa “Ler conta moito”.
Artur Trillo e Fernando Fraga, foron os encargados de contar tres historias que reflexaron valores como a igualdade de xénero e a tolerancia na convivencia, nunha combinación de teatro e narración oral con música en directo.

Os máis pequenos e pequenas desfrutaron moito desta saída, que recordarán por ser hoxe o Día do libro.
Lembrade que a Biblioteca Francisco Mayán, sempre estará á vosa disposición para que desfrutedes da mellor das compañas… un libro.
Feliz día do libro!




