Diversión coa bibliotecaria estrafalaria na biblioteca da Estrada
O pasado venres, día 10 de maio, a artista Cris de Caldas visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo A bibliotecaria estrafalaria, no cal nos relata cun ritmo trepidante e divertidísimo unha selección de contos do máis rocambolescos e estrafalarios.






