Luisa Villalta e o Violino do vento na BPM de Silleda
O pasado 20 de maio tivemos con nós a Carmen Domech e Olga Abad, viaxeiras no tempo, que nos levaron a outras épocas e lugares a través do alfabeto, para coñecer ás mulleres que foron recoñecidas coas Letras Galegas, entre elas, por suposto, Luisa Villalta. Foi un pracer!






