“O caracol namorado” de TinkeTrinke Teatro fixo da maña de hoxe un día moi especial na Biblioteca de Miño
Esta mañá na Biblioteca Municipal Concepción Arenal de Miño tivemos unha visita moi especial, 36 nenos e nenas da Escola de Bemantes(Miño) e de Torres (Vilarmaior), acompañados polas súas profesoras, viñeron a coñecer a biblioteca e a xogar coas rimas e escoitar os contos do espectáculo "O caracol namorado" de TrinkeTrinke Teatro.
Pasámolo todos e todas moi ben co rato Fuco e os seus amigos o caracol e a ra. Gustáronnos moito as súas cancións e a música do seu acordeón.![]()
![]()
![]()





