Nuria Vil cun obradoiro de escrita fotográfica na B.P.M de Mondariz-Balneario

Hoxe 13 de setembro veu visitarnos Nuria Vil, e propúxonos realizar un obradoiro de escrita fotográfica. Nel, as persoas que se inscribiron, aprenderon a traballar os relatos curtos e os textos poéticos mediante o uso das fotografías de varias artistas galegas. Todo elo, a través de distintas dinámicas para que agromase a creatividade entre o público asistente.
Aquí vos deixamos unha imaxe do obradoiro, onde podedes ver aos usuarios e usuarias traballando na biblioteca.

O público quedou moi satisfeito cos resultados. Unha actividade moi recomendable para o público xuvenil e adulto.




