A maxia do Cabaret chega a Catoira da man de Nelson Quinteiro
O “Pequeno Cabaret Infantil” de Nelson Quinteiro chegou a Catoira o pasado sábado 3 de agosto. A calor acumulada na biblioteca obrigounos a sacar o espectáculo á rúa, ao que se sumaron pequenas/os e maiores, que gozaron dun divertido show que combina a narración oral coa música e o humor.





