“Anuncio por Palabras” na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo
O luns 7 de outubro recibimos a visita de Paula Regueiro da compañía Tremola Teatro, na Biblio de Sanxenxo.

As nenas e nenos pasaron unha hora divertidísima cos anuncios por palabras da nena Irene que lles contou como seu avo todas as tardes miraba o periódico no parque “chupa dedos pasa folla”
Así, ela atopou a parte divertida: os anuncios por palabras.
E que queredes ser de maior?
Cada profesión ten unha historia:
Pintora, bailarina o a mais bonita ,escritora.
Así ,Irene e o seu público escriben un drama- cómico, o de Lola, unha cantante de música galega que vivía nun Castelo de Sanxenxo….
E colorín colorado moitos aplausos para Irene osea Paula e moitas gracias por esta hora de risas, contos, maxia e cancións bailadas.




