Crea o teu portalibros. Vive miles de historias na biblioteca de Muxía.
O pasado 18 de outubro tivemos o pracer de contar con Iria e o resto do equipo de Xogando nas nubes na nosa biblioteca de Muxía. Creamos o noso propio portalibros mediante a técnica da estampación, e os máis cativos e cativas pasárono en grande, experimentando co debuxo, coa goma eva, coa pintura e con todos os deseños terroríficos inspirados no Samaín.
Todo un acerto este obradoiro!






