CIRCO NA BIBLIOTECA DE PADERNE
O pasado 24 de outubro na Biblioteca Municipal de Paderne tivo lugar un divertido espectáculo de circo e malabares, no que os libros foron os protagonistas. Equilibrios, clown e música forman parte dun espectáculo de Daniel Blanco Chapela que fixo desfrutar os nenos e maiores que quixeron celebrar o Día da Biblioteca do noso concello.






