A incrible historia da maxia
Os rapaces de Portosín e parroquias adxacentes tiveron ocasión este ano de deleitarse co espectáculo do Mago Teto no auditorio da Axencia Municipal de Lectura. O espectáculo, que forma parte do programa Ler Conta Moito de fomento da lectura, tivo unha gran acollida.





