Carballo con Botas na Biblioteca de Muxía
No 23 de abril, día do libro visitounos Carballo con Botas e a súa magnífica ciclobiblioteca. Logo dun paseo dende a Biblioteca ata a praciña do lado, puidemos descubrir todos os segredos agochados nos libros que Carballo porta con él. Contounos a historia de Salgadinha, a Estrela de Fisterra, un conto fermoso que naceu na nosa Terra. Tocamos a pandeireta, bailamos e inventamos novas historias entre todas e todos. Ao terminar, demos longos paseos montados na ciclobiblioteca polas rúas de Muxía e os nenos e nenas quedaron encantados.







