Lettering co cancioneiro popular galego

Na Biblioteca de Foz levamos a cabo unha actividade de lettering que tanto éxito xera na rapazada. Este ano para conmemorar as nosas letras galegas contamos coa actividade “Lettering co cancioneiropopular galego” da man de Velaísca. Os nenos e nenas participantes somerxéronse nas cantigas tradicionais a través da arte creativa do lettering, dándolle cor e forma aos cantares galegos. Para iso apoiáronse en libros presentes na biblioteca coa temática do cancioneiro galego, en especial no libro “Sei cantar e sei bailar” publicado este ano para homenaxear ás cantareiras.




