Obradoiro ” Tortilla de ovos de conto”
Na tarde de onte no campo da feira de Parga celebrouse o Obradoiro ” Tortilla de ovos de conto” no que a rapazada aprendeu con pasta de papel reciclado a elaborar personaxes en 3D e inventar novas historias mesturando personaxes e revisando os estereopitos de xénero dos contos tradicionais.
Para a creación dos ovos utilizouse unha pasta de papel elaborada dun xeito moi sinxelo para que as participantes poideran repetir este proceso creativo nas súas casas e crear novas historias sempre que queiran.





