BIBLIOCANTA EN MUXÍA
Este ano puxemos en marcha unha nova proposta pensada para que os máis pequenos da gardería municipal puidesen tamén disfrutar das actividades organizadas dende a nosa Biblioteca. Dentro do programa Lecturas e Miúdas, e através da actividade Bibliocanta, os nenos e nenas gozaron dunha proposta que lles permitiu descubrir e revivir o cancioneiro popular galego dun xeito lúdico e participativo. A través de cantigas, xogos e recitados, conectaron coa nosa cultura oral dun xeito vivo e divertido. Ademais, fixémoslles entrega do seu primeiro carné da biblioteca e deixamos un lote de libros para enriquecer os recunchos de lectura do centro. Foi unha experiencia entrañable que deixou un ronsel de emoción e moitas ganas de seguir compartindo historias e cancións.





