Contamúsicas no Punto de Atención á Infancia da Baña

O xoves 31 de xullo o alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) do concello da Baña puido desfrutar do espectáculo Contamúsicas. Raquel de Ana e Nando Llera fixeron desfrutar aos bebés (0 a 3 anos) da narración de contos mesturada con música en directo. Como colofón pintada dun mural onde a cativada desfrutou desta actividade ao aire libre.





