Castelao para crianzas na Biblioteca de Ribadeo
Hoxe conmemoramos o Ano Castelao 2025 cunha xornada moi especial: O alumnado desde 1º a 4º de Primaria gozou co espectáculo “Castelao para crianzas”, de Lela Edicións, unha actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello. Unha proposta divertida e didáctica, que combina narración oral, música e ilustración, coa finalidade de chegar ás novas xeracións a figura e obra de Castelao. Ao final, nenas e nenos debuxaron o seu pingüín, e tooodos saíron perfectos.







