Lettering e Cancioneiro Popular Galego en Maceda
Hoxe en Maceda desfrutamos dunha actividade moi especial con rapaces e rapazas de 12 a 15 anos: un obradoiro de lettering baseado no cancioneiro popular galego.
A través das letras das nosas cantigas tradicionais, os participantes crearon pezas artísticas cheas de cor e personalidade, aprendendo ao tempo sobre a nosa cultura e tradición oral.
Foi unha sesión moi didáctica e divertida, que tivo moi boa acollida e que combinou á perfección creatividade e patrimonio. Un pracer ver como a mocidade se conecta co noso pasado de







