“As Letras de Begoña ” na Biblioteca de Vilalonga
Onte tivemos a visita de “Colectivo Xurelo” na Biblioteca de Vilalonga, con ocasión das Letras Galegas, para homenaxear a figura de Begoña Caamaño.
Na actividade, a persoa narradora relatou a biografía de Begoña Camaño, ao tempo que unha ilustradora ia realizando un mural coa imaxe da homenaxeada, mesturando a ilustración con música e cancións; o resultado foi unha sesión moi amena, e moi interactiva. Os nenos e non tan nenos( os pais), pasaron unha tarde moi divertida e tamén formativa.. Para rematar, todos xuntos, seguindo as indicacións da ilustradora, realizaron unha caricatura da protagonista, e moi contentos puideron levala para casa, como recordo da actividade.





