“Lettering con Begoña Caamaño” na Biblioteca Municipal de Abegondo
O pasado 15 de maio, con motivo das Letras Galegas, celebrouse na biblioteca municipal o obradoiro “Lettering con Begoña Caamaño” no que a rapazada coñeceu a arte de debuxar letras sumerxíndose na obra de Begoña Caamaño.




