CANTACONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MACEDA “FRANCISCO CARBALLO”
Na Biblioteca Pública de Maceda “Franscisco Carballo”, celebramos o día das Letras Galegas con Raquel Galavís e o seu espectáculo Cantacontos. Participaron uns 80 nenos/as de E.P do Colexio Público de Maceda xunto cos seus profesores. Raquel fíxonos cantar e bailar co ritmo da guitarra do seu compañeiro e participamos nos seus contos coas mans, pés e cos nosos propios movementos “pasámolo xenial”.







