Contacontos con Miro Villar en Cee
Ás 16.00 horas do día 29 de maio de 2013 os rapaces do 2º Ciclo de Primaria dos diferentes centros educativos do Concello de Cee, convidados pola Biblioteca Pública “Francisco Mayán”, asistiron a unha divertida e amena actividade, consistente na narración oral e lectura comentada con proxeccións das ilustracións de tres contos rimados do escritor ceense, Miro Villar: Rebelión na charca (fabula sobre a prepotencia e o abuso do poder), A cobiza do verme Noel (trata sobre a maldade de atesourar todo sen partillar nada cos demais) e Carlota e a gaivota patiamarela (versa sobre a solidaridade nunha catastrofe provocada por unha marea negra). Os rapaces e rapazas acompañados dos seus profesores, desde un primeiro momento conectaron coas diferentes historias, pasando un bo rato.





