Elefante Elegante na Biblioteca Ánxel Fole de Nós (Oleiros)

O venres, 10 de outubro, a compañía de teatro Elefante Elegante levou o seu espectáculo “O aviador” á Biblioteca de Nós.
Un aviador que recorría o mundo fíxose amigo dun moucho ao que lle molestaba a luz do sol. Entre os dous intentaron buscar unha solución axudados polo seu amigo o vento.
Luz, escuridade, sombras chinesas. Todo un espectáculo de luces e sombras que non deixou indiferente a ninguén.





