Chrystyan Magic na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O mércores, 22 de outubro dentro das actividades organizadas polo Sistema de Bibliotecas de Oleiros en colaboración co Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia visitou a Biblioteca de Santa Cruz a espectacular maxia de Chrystyan Magic, co seu espectáculo “Na senda da serpe alada”.



A actividade levouse a cabo no Teatro das Torres, anexo á biblioteca, onde un público entregado disfrutou cunha xornada de animación á lectura e de dinamización da nosa lingua. Chrystyan Magic creou un ambiente de maxia e ilusión, de sonrisas e risas que encantaron a grandes e pequenos. Espectáculo que esta baseado nos libros de Ana María Fernández e Xoán Babarro, que narra as aventuras de Chrystyan e o mago Bosco.




