“O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” na biblioteca municipal do Grove
O sábado 25 de abril a Biblioteca Municipal do Grove foi o escenario do espectáculo O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa a cargo de Talavera Teatro.

A actividade deu comezo ás 18.00 h e constou de dúas partes: en primeiro lugar 50 nenos e nenas e outros tantos adultos puideron divertirse coas aventuras e desventuras amorosas do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.


A continuación, a rapazada participou nun obradoiro de decoración de galletas con pasta de azucre Fondant

Fantástica velada de sábado na que grandes e pequenos pasaron unha tarde de lecer na compañía do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa




