“A orixe” na Biblioteca Municipal de Caldas de Reis
Raquel Queizás fixo gozar a grandes e pequenos con este espectáculo de contacontos onde nos trasladou a outros continentes a través de historias e lendas de pobos descoñecidos. Trátase dunha actividade de gran calidade e os asistentes, que por outra banda participaron de forma activa na mesma, trasladáronnos opinións moi positivas.





