Brinva Vai! Vibrou en Rois a través da biblioteca pública municipal
Paco Nogueiras fixo vibrar Rois co seu espectáculo Brinca Vai! De aquí a acolá, o pasado 4 de maio.

O alumnado de 1º e 2º ciclo de educación primaria do municipio, gozou coa música onde se narraban as distintas celebracións festivas do noso país: o Samaín, o Entroido, o Nadal, desde diferentes estilos musicais (reggea, hip hop, electrónica, folk…).
Un espectáculo no que Paco Nogueiras, enche o escenario acompañado da súa máquina!




