Dani Blanco troúxonos “historias desde o outro lado da raia”. Acercando aos nenos un pouco máis os contos do noso país veciño
Brais das Hortas tróuxonos contos “para caghar patatillas”. Eso sí, a golpe de guitarra, charango e moitos instrumentos máis.
De novo, aforo completo para Pakolas e a sua “Ramona Órbita, a dona do tempo”. Nen@s totalmente entregados durante a case hora e media que durou o espectáculo.
Con Breve Historia do Feminismo Galego Antía Yáñez na Biblioteca de Pastoriza o día 10 de outubro, ás 11 da mañá, fixo unha narración oral onde repasou de forma divertida o feminismo galego.
As rapazas e rapaces do Instituto Manuel Murguía acompañaron a Antía na súa contada.
Teatro Calavera contou, coa invitación que fixemos desde a Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, coas cativas e cativos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo (Pastoriza) que viñeron á nosa biblioteca ás 11 da mañá.
Así contáronnos as aventuras de Antón e Tomasa cunha cabaza especial. Receitas, historias, cociña…
As case 40 cativiñas e cativiños que estiveron acompañadas por 8 profesoras desta escoliña pasaronno pipa!
O ilustrador e escritor Anxo Fariña, este venres 4 de outubro ás 11 da mañá, fíxonos un contacontos baseado no álbum ilustrado: “Dulcinea, a nena cabaleira, no que narrou historias de Breogán, que entra por arte de maxia no libro do Quixote de Cervantes. Apoiándose nas súas ilustracións no momento dos contos, Anxo fixo que os nenos aprendesen que fai maxia cos seus debuxos, coas súas ilustracións.
20 alumnas e alumnos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo cos seus profes desfrutaron do conto, desfrutaron das ilustracións e algún debuxo de Anxo tamén levaron á escola…
A maga Leo Leíño volve a inundar a Biblioteca de Pastoriza con luces, música, animais… e por suposto, moita maxia.
Séguenos