A maxia, as luces, o fume e incluso os animais déronse cita na biblioteca “Miguel Sande” de Pastoriza, Arteixo. 42 nenos marabilláronse co espectáculo de Leo Leíño este pasado xoves 22 de outubro no que difrutaron tanto pais, nenos e,por que non dicilo, persoal da biblioteca.

Os rapaces e rapazas de Pastoriza gozaron dunha tarde de maxia e música por conta de Álvaro Muras e Martín Camiña, tódolos números que poñía en práctica Martín transcorreron acompasados coa música do baixo que tocaba Álvaro.
Algúns dos asistentes a función exerceron de axudantes de mago e todos se divertiron con unha actuación con moito humor, música e maxia.
Un curioso osiño de peluche lémbralles ás nenas e nenos que un, dende pequeno, ten que soñar e seguir os seus soños.
Unha divertida actuación con títeres celebrada o xoves 1 de outubro Biblioteca de Pastoriza.
O xoves 23 de outubro pola tarde Leo Leíño animou con trucos de maxia e humor á rapazada e adultos que pasaron a gozar da actuación, a maga necesitou da axuda dos participantes para levar a cabo algunha das actuacións. A animación tivo unha duración de 70 minutos que pasaron moi rápido, todos os asistentes quedaron contentos co espectáculo.
O día 16/10/2014 celebrouse “ÑAM ¡¡¡”, un obradoiro de ilustración de 60 minutos de duración dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
Neste obradoiro de ilustración os participantes empregaron alimentos; hortalizas, froitas, froitos secos, macarróns, etc, cos que ilustraron personaxes que eles mesmo imaxinaron, posteriormente sacamoslle unha foto xunto co nome do artista.



Gozamos dun obradoiro de ilustración con María Lires, a temática elixida foron os animais, mentres María debuxaba nunha pizarra unha xirafa xigante os nenos facian o mesmo co seu animal favorito nos seus respectivos folios.
A actividade tivo unha duración aproximada de 80 minutos.
Yolanda Castaño visitounos o 10 de outubro e contounos a súas “Verdedades”, un libro de poesía infantil que ela esmiuzou para que os pequenos o tempo que se divertían participaran dunhas historias contadas en verso que nos abren os ollos cara a natureza que nos rodea e que está presente no noso medio a través das cousas máis sinxelas. A actuación durou unha hora e os nenos e nenas pasarono moi ben.
Este xoves 3 de outubro Larraitz entreteunos a pequenos e maiores durante unha hora relatando contos con moita énfase, a rapazada mostrouse accesíbel a participar das historias que tiveron lugar dende as 18.50 ate as 19.50 horas. No primeiro dos contos soupemos dunha faba máxica que medraba e medraba ata sobrepasar as nubes e chegar a casa dun ogro, na seguinte aventura, “O vento de Antón” descubrimos que os plátanos poden ser golfiños, as berenxenas baleas, as cenorias cohetes espaciais e as laranxas o planeta Terra, e así nos pasou a tarde xogando coas froitas e demais.
O xoves 26 de setembro pasamos unha tarde entretida e divertida, dende as 18.50 e ata ás 19.50 horas Raquel Queizás non parou de sorprender os pequenos da nosa biblioteca coa súa “Maletra”. Empezou a sacar letras e máis letras, despois contounos historias dun “Papon” que se comía o pan con mel que avoa preparara para as súas netas, máis tarde visitounos un “bicho raro” que cruzaba o río pisándolle a cabeza ós crocodilos, este bicho estaba moi triste porque pensou que estaba só no mundo pero de repente do ceo chovían ovos que empezaron a escachar, todos estes ovos eran centos e centos de bichos raros que non eran tal, senon páxaros dodo.
O final da actividade fíxose un sorteo para que os afortunados puidesen disfrutar na súa casa dos contos cos que tanto nos divertimos na biblioteca.


Séguenos