Entre bechos anda o Conto

Desfrutando de Galeatro co seu “Entre becho anda o conto”


Desfrutando de Galeatro co seu “Entre becho anda o conto”


Rock e baile entre libros na Biblioteca ao Aire libre.

Magín Blanco realizou unha actuación o pasado 16 de outubro no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples. Na súa compaña puidemos desfrutar do contacontos musicado e as cancións máis emblemáticas do autor. Sempre é un acerto contar coa súa presenza nas nosas instalacións: gran persoa e mellor artista que nos permitiu distraernos e gozar dunha actuación divertida e animada que nos fixo bailar no asento.


O pasado xoves 18, alumn@s de 2º de ESO participaron, da man de “Eduvía”, no “Gran xogo das Letras Galegas” na biblioteca de Coristanco.
Foi unha mañá moi divertida onde @s nen@s participaron moi activamente e gozaron cos xogos, á vez que aprendían un pouco máis sobre a nosa literatura.

Dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, os alumnos de 4º de ESO do CPI Xosé Pichel, en Coristanco, disfrutaron o pasado día 15 dun ameno e divertido obradoiro de improvisación en verso. Un excelente traballo que, sen dúbida, axudará a manter unha das tradicións máis populares da nosa comarca: a regueifa.



Séguenos