02/05/2022

O 7 de Abril, contamos na Biblioteca de Riotorto coa actuación de Caxoto co seu espectáculo de contacontos: “Miña casa, meu lar” (contos ambientais).
A historia é a de un barrendeiro que pasa polo escenario aproveitando que o espectáculo aínda non comezou para esixir de forma un pouco esperpéntica que se deixe de tirar cousas ao chan. A partir deste momento empeza contando contos, xogos e cantigas de carácter ambiental. Entre outros contidos tocando aspectos como a pegada ecolóxica, a reciclaxe, a auga como fonte de vida… Todo salpementado con datos, curiosidades e anécdotas que permiten sensibilizar na necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.
Unha actividade moi elaborada, e o artista con moito dominio e técnica para manter a atención durante todo o relato.
Séguenos