“O coelliño branco” da man de Lili Gruyere visitan a Biblioteca de Riotorto
A ratiña Lilí Gruyére, atopou diante dun teatro no que viña de actúar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Así que viñeron a Biblioteca de Riotorto para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo! e tamén representaron o conto que protagoniza o coelliño “O coelliño branco” que da título ó seu espectáculo.
Séguenos