“Contos de ida e volta” con Charo Pita na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

O xoves 26 de maio ás 18 h., na actividade “A Biblioteca dos pequenos”, Charo Pita relatou e interpretou “Contos de ida e volta”: contos, poemas e cancións que voltan da palabra dita ao libro e do libro á imaxe. Resultou moi entretida e divertida, e captou en todo momento a atención de cativos e maiores.









O 14 de abril na actividade dos xoves “A Biblioteca dos pequenos” , Chio Couto achegou tanto aos nenos e nenas coma os pais cancións do cancioneiro tradicional galego. A actuación foi moi entretida e participativa.
O sábado 9 de abril Tarabelos presentou a narración ilustrada do conto “O traxe novo do rei” de H.C. Andersen con títteres de boca, títteres de mesa e miniaturas. Foi un espectáculo moi ameno e divertido co que disfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban.





Séguenos