O xoves 9 de abril ás 18 h. nenos e nenas pasaron unha divertida tarde seguindo o rítmo camiñando, correndo e saltando, e facendo debuxos escoitando cancións axudados por Miren Mirari. A actividae foi moi participativa, e entretenida.


O xoves 26 de marzo ás 18 h. nenos e nenas disfrutaron durante 45 minutos do espectáculo “Comelibros” de Matapiollos Teatro no que contaron unha historia sobre as bibliotecas e os bibliotecarios e de xeito moi simpático recordaron as normas e actitudes que se deben ter na biblioteca.
O xoves 12 de marzo ás 18 horas Fátima Fernández fixo unha sesión de contacontos moi amena intercalando cancións tradicionais. Os máis pequeniños disfrutaron e cantaron con ela o final da sesión.
O sábado 7 de marzo ás 12 da maña Leo Leíño fixo
un espectáculo moi ameno, divertido e participativo con trucos de maxia e humor, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos, todos quedaron moi contentos co espectáculo. O aforo estaba completo.
O sábado 29 de novembro Pavís Pavós realizou unha sesión de contacontos orientada, a través das imaxes e o contido dos libros, a descobrir e a transmitir valores, achegando dun xeito divertido a lectura aos nenos.
O sábado día 15 de novembro Paloma Sánchez Ibarzábal, cunha sala chea de nenos e pais moi atentos, despois do contacontos baseado na historia “A miña primeira viaxe” acompañado de maquetas e proxección de luces, realizou unha actividade de debuxos de naves espaciales.
O sábado 8 de novembro Polo Correo do Vento realizou na Sala Infantil da Biblioteca Pública Juan Compañel unha actividade divertida, didáctica e participativa creando unha grande expectación entre pequenos e maiores.
O xoves 30 de outubro Pavís Pavós tróuxonos a actividade “Palma repalma, contos para bebés”. Gustou tanto a pais coma aos mais pequeniños porque na actuación ademais contar contos e cantar cancións coñecidas interactuaron cos neos facendo caricias, cóxegas…
O venres 24 de outubro Migallas Taetro realizou o espectáculo “Merenda con pan de millo”. Baseado na libro-disco “Pan de millo” combinan cancións de creación propia e cancións tradicionais con narración oral . Ademais de manter a atención dos nenos animaron a cantar e bailar a toda a familia. A posta en escena foi espectacular con abundante atrezo e accesorios utilizados polos personaxes na actuación conseguindo a participación dos numerosos nenos e pais.
O día 21 de outubro, na semana de celebracións do Día da Biblioteca, IMASV realizou unha sesión de formación para pais e nais sobre recursos educativos na internet. A pesar do escasísimo aforo resultou moi interesante.


Séguenos