Contando coas palabras de Sarabela Teatro na Mediateca do Grilo (Teo)
O pasado 12 de xullo recibimos a visita de Sarabela Teatro na Mediateca do Grilo nunha sesión de contacontos chamada “Contando coas palabras”. Foi moi ben recibido pola público asistente, especialmente polo infantil que estiveron especialmente implicados na participación no relato.


Engaiolados coas palabras é a intención desta contada que a través do xogo dramático implicou os nenos ata conseguir que aprenderan que cando se sintan aburridos poderán contar coa maxia do seu propio lapis invisible para viaxar polas historias. A través deste lápis foron capaces de crear animais ou de borrar cousas que non acababan de gustarlles.





Séguenos