A Titiricleta do Tititricleteiro visitou a ALM de Os Tilos-Teo na Semana das Letras
A xornada anterior ó Día das Letras Galegas a TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca dos Tilos, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… Anxo Moure levou ás nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz. As persoas que asistiron desfrutaron dunha tarde fermosa de contos na nosa lingua e de historias de todo o mundo.
Séguenos