Brinca vai de aquí a acolá na ALM Os Tilos (Teo)
O venres 29 tivemos a visita de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Brinca vai de aquí a acolá. Neste concerto fai un repaso ós temas do seu libro-disco Brinca Vai cun percorrido polas distintas celebracións que hai no ano. Nunha biblioteca chea, desfrutamos ó máximo brincando, cantando e bailando con el e a súa amiga Máquina.