“Brinca vai! de aquí a acolá” con Paco Nogueiras na BPM de Portonovo
Outubro, Mes das Bibliotecas!!!



Outubro, Mes das Bibliotecas!!!
Paco Nogueiras, achegou o seu espectáculo ” Brinca Vai!”, ata a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz.
Cantamos, bailamos, brincamos, maiores e nen@s divertimonos da man de Paco Nogueiras. Baixo diferentes estilos musicais como rock, reggea, pop, ect, escóndense letras que van desde a amizade e a igualdade ata o respecto pola natureza ou as nosas festas tradicionais. Cancións para cantar e compartir, cancións para nenos e adultos.
Mirade que ben o pasamos!!
Paco Nogueiras inaugurou hoxe a programación do “Outubro, mes da biblioteca” coa presentación en Brión de ”Extra!”, un espectáculo para toda a familia baseado no libro-disco do mesmo título editado por Kalandraka. Ler máis →
O venres 13 de setembro, ás 18:00 h., a Sala Municipal de Exposicións acolleu o espectáculo de animación “Radio Bulebule”; unha montaxe inspirada no libro-disco do mesmo título, publicado pola editorial Kalandraka e ilustrado por David Pintor, dirixido a crianzas de 5 a 11 anos de idade.
O serán musical estivo a cargo do coñecido artista Paco Nogueiras. Durante aproximadamente unha hora, Paco presentou unha emisora de radio moi especial onde todo o universo é música, humor, baile e cancións.
A sesión celebrouse na Sala de Exposicións de Brión, un espazo situado na Casa da Cultura que a biblioteca municipal utiliza como salón multiusos para organizar este tipo de eventos. O éxito de participación na actividade foi grande, cunha asistencia total que se achegou ao cento de persoas, sumando crianzas e adultos acompañantes.
Esta actividade, organizada pola biblioteca municipal de Brión , contou co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
O pasado xoves 04 de outubro, na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña tivemos o pracer de recibir a Paco Nogueiras coa súa Radio BuleBule.
Os nenos e nenas non pararon de cantar coa canción que lle da nome o disco pero axiña arrincaron motores e puxéronse a bailar coma tolos con “Movendo o pé”, “Éxito vogal”, “Teño que investigar”, “Carmela é…”, “Un bo plan”… Tamén recibimos consellos de peiteado con “Pelos, melena” e tivemos un parte meteorolóxico moi particular con “Tempo tolo”.
Todas as cancións da Radio BuleBule estan recollidas no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka, podedes atopalo nas bibliotecas municipais da Coruña.
Coma sempre foi un auténtico pracer recibir a Paco na nosa biblioteca e esperamos telo pronto de volta con novos éxitos!!
Radio Bulebule, a radio itinerante de Paco Nogueiras, retransmitiu onte dende Carnota.
Grandísimo espectáculo de orixinal formato, baseado no libro-disco editado por Kalandraka e inspirado no marabilloso mundo da radio.
O venres 29 tivemos a visita de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Brinca vai de aquí a acolá. Neste concerto fai un repaso ós temas do seu libro-disco Brinca Vai cun percorrido polas distintas celebracións que hai no ano. Nunha biblioteca chea, desfrutamos ó máximo brincando, cantando e bailando con el e a súa amiga Máquina.
Vaia festa organizou Paco Nogueiras na Axencia de Lectura Municipal de Carnota co Brinca vai! Velaquí a rapazada carnotá totalmente entregada. Espectáculo divertidísimo e de gran calidade, absolutamente recomendable.
O pasado xoves 26 de maio, na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña tivemos o pracer de recibir a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca Vai! De aquí e acolá” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Acompañando a Paco estaba a súa querida “Máquina” xunto con outros moitos instrumentos. Tanto nenos e nenas como acompañantes disfrutaron da viaxe musical cantando e bailando as cancións, pasando por toda as festas do ano, como, o magosto, o samaín, o nadal… Rematando coa canción “Meu o mundo é!”.
O noso agradecemento a Paco Nogueiras pola súa profesionalidade e por facernolo pasar tan ben!
Paco Nogueiras visitou a nosa biblioteca co seu espectáculo “BRINCA VAI! de aquí a acolá” e moita xente visitounos para gozar del.
Mesmo houbo pais e nais que quedaron fora para que todos os pequenos poideran entrar a cantar o Brinca vai!
Un exitazo¡¡ A verdade é que é fantástico, moito ritmo, distintos instrumentos, moi divertido, os nenos (todos bastante pequenos) pasárono bomba. Acabaron todos, nenos e pais, levantados, bailando e cantando.
Séguenos