CONTOS ANIMADOS EN TRAZO

Obradoiro de sensibilización ao acoso que se levou a cabo en Trazo e onde reflexionamos cos nenos e nenas sobre os distintos tipos de acoso apoiándonos en libros con temáticas diferentes sobre diversidade e cunha parte práctica na que idearon o fina
l da historia do libro Oliver Button é unha nena.
Hoxe puidemos escoitar a pablo Díaz “Contando números, cantando cores” no Cocnello de Trazo coa asistencia de alumnado de primeiro e segundo de primaria do CPI Viñao Pequeno, que se achegaron ata os anexos da biblioteca a gozar deste espectáculo.
O pasado venres, 22 de xullo, paco Nogueiras visitou Trazo coa súa Radio Bulebule e fixo as delicias dos pequenos e pequenas do campamento de conciliación, que visitaron as instalacións da biblioteca municipal.

O día 15 de outubro tivo lugar na Biblioteca Pública Muncipal de Trazo a actuación Comechíns, na que os cativos e os non tan cativos coñeceron eses invonvenientes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.
A través das historias mergullámonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e os legumes foron os protagonistas.

O día do libro tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo un obradoiro no que tod@s @s participantes acabaron converténdose en ilustradores de contos.
O día 24 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Trazo fixemos unha viaxe especial a América Central a través dos contos.
Na Biblioteca Pública Municipal de Trazo tivemos a actuación “Contos ao Revés”… unha divertida narración de contos cunha versión diferente á orixinal.
Narracións de contos con Ana Romero enlazados con pequenos experimentos con utensilios da vida cotiá.
O sábado 24 de maio tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo unha divertida sesión de contacontos con títeres e maxia.


Séguenos