Pakolas e Ecoralia na Biblioteca de Ponte Caldelas
Pakolas con Ecoralia fixo cantar, contar e debuxar a nenas e nenos que gozaron así da súa música.
Maravilloso espectáculo!!
Pakolas con Ecoralia fixo cantar, contar e debuxar a nenas e nenos que gozaron así da súa música.
Maravilloso espectáculo!!
O Mago Paco fixo Maxia con humor intelixente. A través dos seus xogos interactou c@s nen@s e maiores sorprendendo sempre.
Moi bo e divertido!!

Onte a tarde tivemos na biblioteca a actividade BiblioCanta homenaxeando as cantareiras a través do cancioneiro tradicional cantado e bailado polos nenos e adultos.
Cumpriu todas as expectativas, todos disfrutaron moito da actividade

Na tarde de onte tivemos a visita de Pakolas na biblioteca pública de Ponte Caldelas. Foi unha actividade moi divulgativa a través da música e do espazo, o artista interactuou moito co público asistente. Moi recomendable.

Na tarde de onte tivemos na biblioteca pública municipal de Ponte Caldelas a visita do Mago Paco que deleitou ao público asistente.
Un espectáculo de gran calidade que interactuou cos nenos.

Esta tarde as 19:00h recibimos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a visita de Iseo a Moura, que namorou a grandes e pequenos e pequenas cos seus contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’, unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.

Esta tarde tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a visita de Iseo a Moura coa actividade “A grandeza do pequeno”.
Un grupiño de nenos acompañdos dos seus pais pasarono en grande con este contacontos onde escoitaron historias e pasaron unha tarde divertida na biblioteca.

Esta tarde recibimos a visita na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas do Espectáculo “Astrolabios” de Tarabela Creativa, que foi un gran éxito de expedición cósmica de narración oral para todo o público asistente, no que coñecemos o espazo, as estrelas, os planetas,…
Foi unha sesión moi amena na que os nenos e nenas ,aspiraban a seren astronautas da tripulación de Tarabela Creativa.

Esta tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Conto-concerto para montar a túa Banda de Verán de Xoán Curiel. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tivo Xoán de darnos a coñecer a historia de como empezara a gustarlle a música e como formou a súa primeira banda, incluso fixo que nenas e nenos se sentiran partícipes dela ao facerlle coros e o acompañamento de percusión. O pasamos en grande coa música e cancións de Xoán, e puidemos bailar aínda que sen movernos do noso sitio. Foi unha tarde moi musical e divertida!

Onte a tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Brincadeiras da lingua” de Migallas Teatro. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de darnos a coñecer a enorme variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia. Foi un espectáculo moi participativo que contou con xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes da nosa lingua. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.


Séguenos