Xoán Curiel en Ponte Caldelas
Esta tarde as 19:00h da tarde tivo lugar na biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a través do ciclo Ler conta Moito a actuación “Conto-concerto para montar a túa Banda de Verán de Xoán Curiel. Quedamos encantados todos os alí presentes da maneira tan divertida que tivo Xoán de darnos a coñecer a historia de como empezara a gustarlle a música e como formou a súa primeira banda, incluso fixo que nenas e nenos se sentiran partícipes dela ao facerlle coros e o acompañamento de percusión. O pasamos en grande coa música e cancións de Xoán, e puidemos bailar aínda que sen movernos do noso sitio. Foi unha tarde moi musical e divertida!
Séguenos