Entre arrolos e contiños. Biblioteca Neira Vilas de Vigo Maio 2013
Bea Campos e David, de Migallas Teatro viñeron á Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo para que os bebés compartisen cos seus acompañantes un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns.
Comezaron agasallándonos cun precioso ramo de flores e a canción do Alecrín, a flor do toxo. Máis tarde cantaron a canción de benvida de Arrolos.
Bea contounos a súa versión do conto clásico dos tres osiños acompañada da música do acordeón e a feroz voz de David. Logo contáronnos a magnífica e colorista historia dos animais.
Nesta ocasión repasamos o conto da Lúa, que xa todos coñecíamos e que entre todos cantamos case case que a perfección.
E rematamos coa canción de despedida de arrolos e con outro agasallo de Bea e de David… a canción de A saia de Carolina. Xa que moitos nenos aínda non a coñecían e hai que practicar para as festas de verán.






Séguenos