21/04/2015
O venres 17 gozamos cos Contos do Chupete de Bea Campos e Davide González nunha nova sesión do ciclo Entre Arrolos e Contiños.

Nesta ocasión visitáronnos dúas amigas moi especiais: unhas galiñas de Mos moi curriñas, e cunhas co-co-co-convidadas como elas, entre os contiños da tarde non podía faltar o do
Poliño da abeleira, do grande Antonio Rubio. Visitamos tamén a casa das galiñas, unha granxa na que chove pero escampa, e na que viven con moitos outros animais que tamén fomos coñe
cendo. O máis famoso de todos, o
Polo Pepe, de Nick Denchifield, na versíón musicada de Mamá Cabra.
Indo a cousa de galos e galiñas, non nos podíamos esquecer da cantiga tradicional: O galo canta, a galiña chora, polos pitiños de durmen fóra… E xa que estabamos entonados, cantamos tamén a historia da galiña Antoniña, que puxo un ovo na cociña, e o ovo rodou, e o ovo escachou… e o pito cantou!
E para rematar a sesión, e xa que ás galiñas de Mos gústalles facer falcatruadas e diabluras, despedímonos ao son do Sancristán de Coímbra:
O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras:
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras…
Como sempre, todas as fotos na galería de imaxes da biblioteca: https://picasaweb.google.com/107424236246286297710/EntreArrolosEContinosAbril2015
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: venres 15 de maio | 18h
*Inscrición a partir do sábado 2 de maio ás 10.30h
Séguenos