Entre arrolos e contiños. Os contos do Chupete na biblioteca Xosé Neira Vilas
O venres 17 gozamos cos Contos do Chupete de Bea Campos e Davide González nunha nova sesión do ciclo Entre Arrolos e Contiños.
Indo a cousa de galos e galiñas, non nos podíamos esquecer da cantiga tradicional: O galo canta, a galiña chora, polos pitiños de durmen fóra… E xa que estabamos entonados, cantamos tamén a historia da galiña Antoniña, que puxo un ovo na cociña, e o ovo rodou, e o ovo escachou… e o pito cantou!
E para rematar a sesión, e xa que ás galiñas de Mos gústalles facer falcatruadas e diabluras, despedímonos ao son do Sancristán de Coímbra:
O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras:
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras…
facía de mil diabluras:
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras…
Como sempre, todas as fotos na galería de imaxes da biblioteca: https://picasaweb.google.com/107424236246286297710/EntreArrolosEContinosAbril2015
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: venres 15 de maio | 18h
*Inscrición a partir do sábado 2 de maio ás 10.30h