Entre Arrolos e contiños na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo. Xuño 2013
Este sábado Bea Campos e David, de Migallas Teatro, fixéronnos pasar unha mañá do máis divertida e aventureira na biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Antes de comezar a sesión os nosos amigos agasalláronnos coas flores de San Xoán, amosáronnos como se chaman e como cheiran.
A continuación como noutras ocasións, cantamos a canción de Benvida dos Arrolos, que xa todos coñecemos. Logo nos contaron e cantaron a historia de Chispas o neno, que quería ser maior, e os seus amigos os animais de peluche; este conto como nos dixo Bea, aumenta o diminúe dependendo dos bonecos que un ten na casa.
E como os nenos que veñen a biblioteca son uns nenos moi valentes fomos tras unha nova aventura…fomos cazar un oso! Pero non un oso calquera senón un oso terrible e perigoso. Toda unha aventura que nos narra o humorista e escritor Michael Rosen no seu álbum “Imos cazar un oso” e que interpretaron Bea e David fantasticamente.
Continuamos a nosa aventura co conto do neno que non facía caso ao seu pai e metía o dedo no seu nariz e no de todos os animais que atopaba no seu camiño.
Rematamos a sesión coa canción de Despedida de Arrolos e cun agasallo moi especial…A canción de San Xoán para que todos a cantemos na noite máis máxica do ano.
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: Sábado 21 de setembro ás 12.00h