CAXOTO NA BIBLIOTECA DA CAPELA
A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.



A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.



O luns 15 de maio acompañounos Soledad Felloza cá contada ” Asomando a orella”, basada na vida e anécdotas de D. Francisco Fernández del Riego.Sole fíxonos pasar unha mañá entretida, e os nenos estiveron participativos






Na mañá do 16 de xuño, os nenos e nenas disfrutaron e interactuaron cá maxia que nos trouxo Leo Leíño co seu espectáculo ” Pola igualdade dende a maxia”.


Á Biblioteca da Capela chegou Marisa Irimia para celebrar con nós o día das Letras Galegas, trouxo uns contos moi divertidos nos que interactuou todo o público asistente .



O Mago Paco visitounos o venres 22 de Outubro e con él celebramos o día das bibliotecas. Foi unha mañá moi animada xa que , os nenos mostráronse moi participativos nos contos que tiña preparado e nos diversos xogos de maxía que intercalaba entre os contos.


O día 14 de outubro visitounos na Capela Carmen Domenech co contacontos ” A carteira de Augasclaras” e repartíu cartas dirixidas ós nenos nas que, os remitentes eran os protagonistas dos seus contos ” Rosa Caramelo” e ” Artur e Clementina”, os nenos pasaron unha mañá moi divertida.


O mércores 29 de setembro visitounos Raquel Queizás e trouxonos unha morea de contos nos que se desmontaban os estereotipos que nos chegan a limitar e crear frustración. Mañá moi divertida e instructiva.

O 23 de setembro visitounos O Mago Paco co espectáculo ” Maxia divertida 3.0″. Tanto nenos como maiores pasaron un rato divertido xa que, houbo de todo, maxia, música e humor, sobre todo humor. En todo momento interactuaban co mago, mostrabánse todos os asistentes moi participativos, en fin foi un espectáculo moi entretido.


Esta mañá para celebrar o día das bibliotecas, acompañounos Atenea García de ” Xarope Tulú”.
Veu para compartir cós rapaces e maiores unha morea de contos e historias de mulleres que lles chamaban ” ESTRAFALARIAS”.




Séguenos