CAXOTO ” MIÑA CASA , MEU LAR” NA B.P.M. DA CAPELA
Hoxe, 15 de Outubro, visitounos Caxoto o barrendeiro municipal que, a través dos seus contos ensinounos como coidar o medio ambiente e indicounos que nas nosas mans está coidar do planeta.


Hoxe, 15 de Outubro, visitounos Caxoto o barrendeiro municipal que, a través dos seus contos ensinounos como coidar o medio ambiente e indicounos que nas nosas mans está coidar do planeta.


Esta mañá do 24 de setembro recibimos a Carmen Domech na Capela.
Carmen veu para contarnos ” Contos para pasalo de medo” e invitaba a nenos e maiores a interactuar cós contos e a verdade é, que o pasamos todos ” DE MEDO”.


O 18 de setembro na B.P.M. Da Capela acompañounos MERE CLOWN para contarnos ” A verdadeira historia de Hammelín” cun espectáculo de malabares e clown.
Nenos e maiores pasaron unha mañá entretida na que non faltou o humor.

Para celebrar o día das bibliotecas visitounos Pablísimo,contounos unha serie de contos tradicionais, adiviñas, etc… Tanto os nenos como os maiores pasáronno moi ben.


O venres 11 de outubro, visitounos Soledad Felloza na Biblioteca da Capela có contacontos ” Bolboretas”, foi unha contada sobre a igualdade entre homes e mulleres.
Foi unha maña moi entretida , cunha clara mensaxe que os nenos captaron moi ben.

O martes 17 de setembro, tivemos na A.L.M. da Capela a Larraitz Urruzola co espectáculo ” Antón Fraguas e a festa dos monicreques” . O espectáculo consistíu na explicación da evolución dos monicreques a través dos tempos ata hoxe. Nenos e maiores disfrutaron e interactuaron cá artista e a súa historia de como se vencen os medos , interpretada polos monicreques.



O 24 de outubro para celebrar o” Día das Bibliotecas”, o Mago Deimi visitou a Axencia de Lectura da Capela e tanto nen@s como maiores, disfrutaron e interactuaron cos seus números de maxia nos que os protagonistas eran os libros .

O día 17 de setembro para festexar o inicio do curso escolar acompañounos Soledad Felloza con ” Xeografía do imaxinario – Ano Europeo do Patrimonio ” pasamos unha xornada moi amena tanto nenos como maiores.

O mércores 20 de xuño , celebramos na A.L.M da Capela o remate do curso escolar e acompañounos Raquel Queizás con ” Raposadas” arredor de 60 nenos e nenas participaron nos contos, nas adiviñas e incluso cantaron e bailaron.
Raquel Queizás tivo ós nenos entretidos e moi interesados nas súas ” Raposadas”.


o luns 19 de xuño na A.L.M. da Capela, fixemos unha festa de fin de curso escolar acompañados de Manuel Solla e os seus ” Contos Máxicos”, divertímonos moito e nenos e maiores estiveron moi participativos.



Séguenos